COMPOÑENTES

image

HENRIQUE PEÓN

A súa actividade profesional céntrase na investigación etnográfica cun extenso traballo de campo con centos de melodías e danzas que recuperou. Profesor de baile e música tradicional galega en destacadas agrupacións do país como o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina. Na actualidade, Quique Peón compaxina a súa faceta de investigador, intérprete e docente no ámbito tradicional coas súas inquietudes interpretativas... AMPLIAR

image

XURXO FERNANDES

Comeza a súa andaina na música e no baile tradicional aos 14 anos. Facendo gravacións de campo de motu propio, coñece a realidade do patrimonio oral de primeira man: primeiro investigando o oriente lugués e despois investigando sobre todo o territorio cultural galego. O seu arquivo inédito de recollidas ten máis de mil horas de gravación en diferentes formatos (cassete, minidisc, VHS e DVD) e foi recompilado desde o 1994 até a actualidade. O seu contido abranxe bailes e danzas tradicionais, así como melodías realizadas con diversas formación musicais, pandeireteiras e gaiteiros solistas maioritariamente....AMPLIAR

image

NIKOLAY VELIKOV

Dende moi temprana idade educase musicalmente nun ambiente familiar para ingresar con seis anos na Escola de Música de sua cidade natal. Sliven. É premiado en tres ocasións no Concurso Nacional de Xóvenes Intérpretes de Bulgaria. Posteriormente ingresa no Instituto Nacional de Música "Lyubomir Pipkov" en Sofía, completando os estudos no Conservatorio Superior "Pancho Vladiguerov", cos reconocidos pedagogos do violín V. Choparinov, B. Danailov y A. Ilchev...AMPLIAR

image

XAN PAMPÍN

Especialista en Educación musical pola Universidade de Santiago de Compostela e docente de música dende o ano 1999. Comezou como acordeonista na Agrupación Folclórica “Cantigas y Agarimos” e formou parte de grupos como Xochilmica, Pesdelán, Enxebres de Cacheiras, Edelmiro Fernandez (grupo), Tribemol, Banda de Crechas, Rancho de Cabezudos de Santiago de Compostela etc...AMPLIAR

image

PEDRO LAMAS

Músico formado na tradición, acada os máis importantes galardóns neste eido, sendo un dos gaiteiros máis laureados de Galicia con máis de cincuenta premios no seu haber. Fundador de prestixiosos grupos de referencia como ‘Lelia Doura’, ‘Luvas Verdes’ ou ‘Nova Galega de Danza’, no ano 2011 obtén a licenciatura na especialidade de jazz-saxofón polo Conservatorio Superior de Música da Coruña......AMPLIAR