Background Image

XURXO FERNANDES

FORMACIÓN:

Comeza a súa andaina na música e no baile tradicional aos 14 anos. Facendo gravacións de campo de motu propio, coñece a realidade do patrimonio oral de primeira man: primeiro investigando o oriente lugués e despois investigando sobre todo o territorio cultural galego.
O seu arquivo inédito de recollidas ten máis de mil horas de gravación en diferentes formatos (cassete, minidisc, VHS e DVD) e foi recompilado desde o 1994 até a actualidade.
O seu contido abranxe bailes e danzas tradicionais, así como melodías realizadas con diversas formación musicais, pandeireteiras e gaiteiros solistas maioritariamente.

Simultaneamente participa como bailador e pandeireteiro en diversas agrupacións musicais, como o Arco da Vella (Barreiros), A Subela (Foz), da que é socio fundador, e Xacarandaina (A Coruña).

Asiste como alumno de canto e pandeireta aos cursos intensivos organizados por Cántigas e Frores e a Deputación de Lugo entre os anos 1996 e 1999.

No ano 2003 fai o curso diplomado “La cultura tradicional en el S. XXI” na Universitat Politécnica de Valencia.

Fai o posgrao de "Especialización en Música Tradicional Galega" na Faculdade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. 2004-2005. O seu programa abranxe diversas materias, entre as que destacan: antropoloxía da música, etnomusicoloxía, a música das comunidades galegas na emigración, contextos e cambio social na música tradicional, análise do cancioneiro de tradición oral, as formacións instrumentais na historia de Galicia, repertorios iconográfico-musicais, as gravacións sonoras históricas, metodoloxía e técnicas de investigación en música tradicional así como diversos talleres de interpretación.

Asiste a varios cursos de percusión ibérica no Conservatorio Folque de Lalín. Estuda técnica vocal con varios mestres, entre os que destaca Carmen Rey.

EXPERIENCIA COMO DOCENTE:

Ten impartido cursos en distintas asociacións, entre as que destacan:
-Asociación Abiñadoira de Sanxenxo.
-Escola de Música Tradicional “A Subela” de Foz.
-Asociación Lembranzas da Ría de Vigo.
-Cántigas e Frores de Lugo.
-Asociación Xarabal de Beade, Vigo.
-Centro Galego de Puerto La Cruz, no Estado de Anzoátegui-Venezuela.
-Hermandad Gallega de Valencia, no Estado de Carabobo-Venezuela.
-Asociación Brisas do Quenllo, de Tordoia.
-Caballeros de Santiago, Salvador de Bahía, Brasil.
-Casa de España de Salvador de Bahía, Brasil.
-Casa de España (Río de Janeiro, Brasil).
-Asociación Aligustre (Ribadumia, Pontevedra).
-Asociación Os Valuros (Castro de Rei, Lugo).
-Asociación Cultural Raigañas (Cerqueda, Malpica de Bergantiños)
-Muziekpublique (Bruxelas, Bélxica).
-Agrupación Néboa (Bruxelas, Bélxica).
-Agrupación Rosalía de Castro (Cornellá, Barcelona).
-Escola "A Ponte-Pasaxe" (Fonteculler - Culleredo).
-Lar Galego de (Rubí, Barcelona).
-Cántigas da Terra (A Coruña).
-Asociación Algaravía (Ourense).
-Escola de Danza Municipal A Fábrica (Oleiros).
-Conservatorio Folk (Lalín).
-Asociación Xirandela (Madrid).
-Asociación Cultural A Leiteira (Arteixo).

-Lar Gallego (Pamplona/Iruñea).
-Centro Galego (Barakaldo).
-Centro de estudios del Folclore Malagueño y las Artes Escénicas (Benagalbón - Málaga).
-Centro Galego de Bonn (Alemaña).

Tamén ten impartido charlas sobre música oral en institutos e escolas do país e participado como xurado nos concursos de música tradicional organizados polas asociacións Traspés, Xiradela e Xacarandaina.

EXPERIENCIA EN OUTROS CAMPOS:

-Presenta durante dúas tempadas a sección "Recollidas" no programa "Luar" da Televisión de Galicia, buscando intérpretes de música tradicional entre as derradeiras persoas que viviron a cadea de transmisión oral.
-É membro do grupo de percusión e baile "Trebón" desde a súa formación, co que actúa en diversos festivais de danza.

COLABORACIÓNS COMO CANTANTE:

-Banda sonora do documental "A Fortaleza da Rocha Forte".
-CD "Nova Era" de Ialma.
-CD "Onde Nace o Vento" de Pepe Vaamonde Grupo.
-CD "Galiza" de Kepa Junkera.
-CD "Folixeiras".
-CD "A requinta da Ulla. Obradoiro de Rioboo"de Rafael Carracedo.
-CD para libros de texto da asignatura de música. Editorial Anaya.
-Dirixe os grupos de canto e pandeireta "Os Fillos de Pepa a Loba", "PAN.SEN.FRON." e "Xacarandaina".
- Dirixe o corpo de baile de "Cántigas da Terra".
-Funda Radio Cos con Henrique Peón, acadando co seu primeiro disco un grande recoñecemento internacional, sendo traballo recomendado na revista FRoots e entrando de número vinte na World Music Charts Europe.